Saltar al contenido

xeomante

  • A Historia
  • O Viño
  • Lista de Agarda

A Historia

Xeomante é a persoa que practica a xeomancia; aquela antiga técnica de adiviñación que utiliza obxectos terrestres ou figuras trazadas sobre a terra.

Este viño é produto dunha visión: ser unha homenaxe aos que nunca deixaron de soñar con atopar o camiño de volta á súa terra.

O sinal xeomántico da Fortuna Maior, que se asemella a unha copa, representa o esperado regreso á terra amada, despois dunha longa viaxe dende o Novo Mundo.

E nunha terra de lobos…

… o Xeomante estará protexido polo espírito do Can Mouco, para chegar con seguridade á aldea dos seus antepasados.

(Penedo do Can Mouco, Camporramiro)


  • Privacidade
  • Legal
  • Abrir Twitter en una nueva pestaña
  • Abrir Instagram en una nueva pestaña
© 2025  Nova Indiana S.L.