A Historia

Xeomante é o adiviño da terra; practica a xeomancia para interpretala.
Na tradición galega, a terra non é un soporte inerte: a terra chama.
Poetas, folcloristas e pensadores galegos sábeno desde hai tempo.
O Xeomante escoita a terra; mais é a través da súa Visión como se lle revela o camiño para concibir o viño que mellor expresa as palabras de ela.


Da Visión xorde un signo que lembra unha copa: a Fortuna Maior. En xeomancia, é o momento no que todo se aliña. Un gran viño nace cando coinciden o ano, o traballo e o sitio. Non por acaso, dende o Miradoiro do Cabo do Mundo, albíscanse as parcelas que fan posible o regreso á nosa terra.
A nosa terra está representada polo Lobo, animal lendario e respectado…
Emblema de Chantada, punto de partida e de retorno.


Os dous carballos —europeo e americano— son o guiño á nosa aventura transatlántica. Como expresou con claridade Castelao, Galicia tamén se fixo fóra de Galicia. A orixe e o destino do emigrante galego sempre foi a súa terra.
Por iso, este viño rende homenaxe a quen nunca deixou de escoitar o seu chamado, malia as distancias.
E o can ao lado do Xeomante? Onde está?
Non nos esquecemos del: Contan que aínda agarda en silencio o regreso do seu amo, no alto da aldea.
(Penedo do Can Mouco, Camporramiro, Chantada)

