O Viño

Xeomante é un viño tinto ideal para acompañar os bos produtos da terra galega: queixo afumado, pan de centeo, porco celta, vaca rubia, e castañas asadas.
Elaborado con uva Mencía de dúas parcelas familiares, en socalcos con solo rico en lousa, afloramentos de cuarzo, e cepas que acadan entre 30 e 50 anos.


A produción anual limítase a unha mestura de catro barricas de carballo virxe: dúas francesas e dúas americanas. Un guiño á aventura transatlántica que orienta o viño cara ao seu destino gastronómico.
